Formadora

Son Mariola Mourelo Pérez, creadora de ffotoeduca, un proxecto onde puden combinar os meus tres principais intereses: o feminismo, a fotografía e a educación.

Estudei fotografía documental en Gales e realicei un posgrau en educación para o ensino secundario en Londres.

Teño experiencia no ámbito da educación formal e non-formal, servizos sociais e organizacións públicas e privadas e para unha grande diversidade de colectivos.

No 2019 completei a miña formación como facilitadora de grupos e continúo aprendendo no ámbito da fotografía, da educación y na perspectiva de xénero, de forma regular.

Para un CV detallado e actualizado contáctame.

  

  


Comentários

Mensagens populares