Fotografia Básica no espazo "As dúas mans"




Este é o primeiro dunha serie de obradoiros que terán lugar nos próximos meses e ata xuño 2014 con temática como: fotografia e cidade, construcción dunha caixa obscura, ler e escrever imaxes, contrapublicidade feminista, Historia e Fotografia: mulleres da Coruña, mini-retratos, literatura e imaxe, etc.

Neste obradoiro de inicio ás técnicas fotográficas aprenderemos sobre os principais elementos da fotografia: luz, composición, contraste, encadramento...
Teremos unha introducción teórica seguida dunha práctica e un visionado e analise das imaxes creadas.
O obradoiro ten unha duración de 4 horas en horario de 12 a 14 e 16 a 18h para ter tempo suficiente para producir imaxes e visionalas. 


O prezo é de 20€ (standard) e 15€ (desempregadas e estudantes)
Troca de saberes é tamén unha opción para aquelas persoas que non podades facer ningunha aportación económica. Contactádeme e falamos.


Lugar: "As dúas mans" na rúa Pintor Villar Chao, 6 baixo, zona da Gaiteira
Para vos apuntar enviar email a fotoeducagaliza@gmail.com ou chamar ao 678 381 459
Hai número mínimo e máximo de participantes polo que se agradece confirmar con tempo para podermos formar o grupo.
vémonos!!

Comentários

Mensagens populares