Obradoiro de Xaneiro. Fotografía Feminista: a sociedade en foco. Todos os xoves de 19h a 21h en "A dúas mans" da Gaiteira

ATENCIÓN!!!
Por enfermedade da profesora este curso comezará o próximo xoves 16 de xaneiro. Como compensación por perder unha clase e pospoñer o inicio do curso redúcese o prezo do curso de 40€ a 25€. ainda podes asistir á primeira sesión unicamente, que será de introducción e que continuará a ser de 10€. Un saúdo forte e desculpade polas molestias.

Primeiro obradoiro do ano!!!  

TODOS OS XOVES DE XANEIRO: FOTOGRAFÍA FEMINISTA!

"Fotografía Feminista: a sociedade en foco"
visións e revisións do noso imaxinario

A través do traballo de diferentes fotógrafas revisitaremos espazos comúns de construcción de identidades. Este obradoiro consta de 4 sesións (os xoves 9, 16, 23 e 30 de Xaneiro) de 19h a 21h das que 3 serán teórico-participativas e 1 de prática colectiva.

A primeira xornada do xoves 9 será de introducción onde experimentaremos coa metodoloxía para ollar imaxes da perspectiva emocional, estética e contextual, e teremos a nosa primeira introducción á fotografía feminista.

Nas consecutivas sesións (xoves 16, 23 e 30 de Xaneiro) indagaremos sobre a representación, interpretación e construcción de identidades a través da fotografía, das propostas visuais desde o feminismo da mán de fotógrafas como Barbara Kruger, Carrie Mae Weems ou Jo Spence, e de como construir as nosas proprias imaxes desde a práctica crítica.

Se queres dar unha vista de ollos a este obradoiro podes vir á primeira clase deste xoves 9 de 19h a 21h en "A dúas mans" (Rúa Pintor Villar Chao, 6, A Gaiteira).

Prezo: 1 clase - 10€ ; curso completo - 40€, 35€ estudantes e desempregadas. Troca aceitada previo acordo.

Para mais información e inscripción: fotoeducagaliza@gmail.com / 678 381 459

Vémonos!

Comentários

Mensagens populares