Safari Fotográfico + Obradoiro contrapublicidade para o 8 de Marzo "Día Internacional das Mulleres"


A Concellaría de Servizos Sociais do Concello da Coruña e NORMAL ofertan un safari-obradoiro fotográfico co gallo do Día Internacional da Muller, 8 de marzo de 2014.

Crearte Servizos Culturais coordina esta actividade impartida por  Mariola Mourelo, de Ffotoeduca na que partindo dun itinerario fotográfico de caza de estereotipos publicitarios sexistas polas rúas da cidade, os participantes empregarán as súas cámaras para darlle a volta ao sexismo creando propostas de contrapublicidade creativas e transformadoras.

De 11:00 a 14:00h – Encontro en NORMAL dos participantes con Mariola Mourelo + percorrido polas rúas da cidade identificando e fotografando elementos publicitarios
sexistas.
De 17:00 a 20:00h – Obradoiro fotográfico de creación de contrapublicidade en NORMAL.
Non son precisos coñecementos previos de fotografía.
Máximo de asistentes: 20 persoas.
Asistencia gratuíta previa inscrición en actividades@istoenormal.org

Os participantes deberán traer cámara de fotos e cable de conexión a ordenador.

Máis info en Normal e nos T. 881 91 30 55 (Crearte) ou no 981 167 000, extensión 4502 (Normal)

 

Agradecemos a difusión que poidades dar a esta iniciativa.

Comentários

Mensagens populares