II Escola de Verán de Ffotoeduca Galiza



 Xa están as inscripcións abertas para a II Escola de Verán de Ffotoeduca Galiza!

FORMACIÓN COMPLETA DE 3 OBRADOIROS DE FOTOGRAFÍA POR SÓ 55€!!

Intensivo de fotografía básica: traballaremos os conceptos fundamentais da fotografía para obter  mellores imaxes. Sábado 5 de Xullo de 11 a 18h. 15€.

Mulleres da Coruña: coñeceremos as mulleres que antes do que nós ocuparon este canto do mundo desde as imaxes públicas ata o albún familiar incluíndo un roteiro pola Coruña das mulleres. Do luns 7 ao xoves 10 de Xullo de 11 a 13h. 20€

A cámara obscura: construiremos a nosa propia cámara con unha simple caixa de cartón e descubriremos como se forman as primeiras imaxes. Mércores e xoves do 23 ao 31 de Xullo de 19h30 a 21h30. Todos os materiais incluídos menos unha caixa de cartón. 30€. Todos os materiais incluídos, só precisas dunha caixa de cartón.



E a prezos populares! Estas oportunidades acontecen unha vez na vida só. Aprobeita e envía inscripción a fotoeducagaliza@gmail.com ou chama ao 678 381 459 

*Se fas dous dos cursos da Escola de Verán terás un desconto no segundo dos cursos de 5€.

**Se fas os tres cursos terás un desconto de 10€ no terceiro curso e obterás o diploma de asistenca da Escola de Verán de Ffotoeduca.

***Se tes xa feito fotografía básica con Ffotoeduca e fas os dous cursos restantes tamén obterás o teu diploma.  

Nunca foi tan facil aprender, non foi?



Comentários

Mensagens populares