Ffotoeduca no Congreso "Mentes Femeninas"
O proxecto de educación feminista a través da fotografía "O que pode facer unha muller cunha cámara?" foi finalista no concurso de posters para o congreso "Mentes Femeninas" que terá lugar do 3 ao 5 de Outubro en Salobreña, Granada.
Mentes Femeninas tenta reunir a mulleres especialistas en diferentes ámbitos da vida e visibilizar o traballo, con frecuencia, invisibel que realizamos as mulleres durante toda a historia da humanidade. Dividido en catro áreas temáticas: Artes e Culturas, Políticas e Feminismos, Ciencias e Saúde e Emprendementos e TICs, o congreso tornarase ese lugar de encontro desde onde analizar a situación actual, criar vínculos e idear estratexias colaborativas e individuais futuras.
Moitas grazas a todas e todos os que votástedes por Ffotoeduca e permitirnos formar parte desta experiencia que sabemos será inesquecibel.

Comentários
Enviar um comentário