Ffotocreativa Lab: Laboratorio de creatividade feminista
Imos o comezar o ano cunha proposta ben interesante, o Ffotocreativa Lab, vai reservando días no teu novo calendario 2015.
Qué é?
Ffotocreativa Lab é un laboratorio para explorar as identidades das mulleres desde a propria experiencia e o propio corpo.
Utilizaremos como base a fotografía para construir as nosas narrativas desde os soños, a memoria e os deseos de futuro.
Empregaremos técnicas fotográficas, en particular, o auto-retrato e a transferencia de imaxes a diferentes materiais.
Esta é unha actividade de nivel inicial-básico onde todas iremos
aprendendo xuntas e dándolle forma segundo o noso proceso creativo se
desenvolva.
Cada sesión terá unha parte de introducción, unha parte práctica e unha parte de posta en común, sendo a parte práctica a central.
Imaxe de Chrissie White |
O custe por sesión será de 5€ para cubrir os gastos dos materiais básicos e do local. O principal é que todas podamos formar parte e aprender as unhas das outras.
Datas e horario
Sábado 31 de Xaneiro, Sábado 28 de Marzo, e Sábado 30 de Maio, de 17 a 20h.
Onde?
No local de elaboración textil na Rúa Vilar Chao, 5, na Gaiteira (A Coruña)
Información: fotoeducagaliza@gmail.com
Inscríbete enchendo o noso formulario: http://goo.gl/forms/Y5sVusOzgI
Comentários
Enviar um comentário