Ffotocreativa Lab 2016 "Un percorrido persoal pola imaxe fotográfica"
Ao longo de 6 meses descubriremos ás mulleres que hai dentro de nós a traves do retrato fotográfico e a cultura visual.
Coñecementos previos non son necesarios, trae contigo apenas o teu espírito mais crítico.
O curso estará distribuído en 6 sesións, 1 sesión por mes, de 1 día, día e medio e 2 días (ver programa) e terá lugar no Taller de Elaboración Textil na rúa Pintor Vilar Chao, 6, A Gaiteira (Coruña)
O prezo será de 20€ por sesión, se pagas as 6 sesións por adiantado 100€ e acéptase troco por sesión prévia negociación. Inclúe materiais básicos para todas as actividades.
Fai xa a túa inscripción e comeza o ano dándolle renda solta à túa creatividade.
PROGRAMA
Xaneiro : E voilá, apareceu a fotografía. A máxia da fotografía [CANCELADO por viaxe]Sábado 23 de 11h a 14h e de 16h a 19h / Domingo 24 de 11h a 14h
Que é unha imaxe? E como se forma? Cunha caixa de sapatos, si, liches ben, unha caixa de sapatos construiremos a nosa primeira cámara fotográfica, e como antigas alquimistas veremos aparecer as imaxes en frente dos nosos ollos.
Falaremos sobre as primeiras imaxes da historia, á fascinación que causou unha imaxe impresa nun papel nunha sociedade que nunca antes se tiña visto a si mesma. E nós verémonos tamén a nós, talvez pola primeira vez, ou polo menos como nunca antes nos tiñamos visto.
Febreiro: Cáspita!... esa daí sou eu? Cámaras e retratos
Sábado 13 de 11h a 14h e de 16h a 19h
Aprenderemos o funcionamento básico da cámara que mais utilizamos, o suficiente para que lles podamos sacar probeito e comezar a explorar os diferentes tipos de retratos.
O retrato será a base deste curso, ainda que non hai limites á creatividade, para dar unha ollada noutras mulleres e aprender a ollarnos a nós mesmas com confianza e vontade de coñecernos mais.
Marzo: Cóntame unha outra historia, por favor. Historias visuais e representividade feminista.
Sábado 12 de 11h a 14h e de 16h a 19h
Nunha xornada dedicada á contar historias procuraremos referentes de mulleres nas que nos convertiremos para sentir dalgún xeito o que elas sentiron. As noticias diarias sobre temas relacionados coa vida das mulleres servirannos como materia prima para tomar o poder e darlle unha boa volta ao xeito en que somos representadas polos medios de comunciación. Teatro, historia e representatividade son os conceptos chave cos que traballaremos.
Abril: Biofotografía. Paseos fotográficos e o álbun familiar
Sábado 16 de 11h a 14h e de 16h a 19h
As palabras, os espazos, a memoria e as mulleres serán as protagonistas desta xornada intensa na que nos moveremos pola Coruña das mulleres. Pousaremos os nosos pés onde antes outras mulleres os pousaron, revisitando eses espazos do noso día a día que aprenderemos a ver com outros ollos. Despois do paseo faremos unha íntima viaxe ao noso álbun familiar.
Maio: E agora... que fago? Pasar as imaxes da cámara ao papel
Sábado 28 de 11h a 14h e de 16h a 19h
Chegou o momento de darlle forma a todo o traballo xerado durante estes meses. Dedicaremos o día a experimenar con diferentes métodos de retoque e transferencia de imaxes. O software libre GIMP ofrécenos unha ferramenta gratuíta coa que mellorar as nosas imaxes ou transformalas radicalmente, abrindo un campo extenso á nosa creatividade. O tradicional collage, transferir imaxes a madeira, papel, tecidos así como utilixar proxeccións e pequenas instalacións serán algunhas das técnicas que usaremos.
Xuño: O meu primeiro proxecto creativo.
Sábado 18 e Domingo 19 de 11h a 14h e de 16h a 19h (dous días completos)
Durante os dous últimos días do Ffotocreativa Lab poñeremos en prática o aprendido nestes 6 meses. Traballaremos sobre unha idea da nosa escolla dando todos os pasos para tornala un proxecto fotográfico. Como sempre aqui a base é lanzarse ao vacío e experimentar con a mente e o corazón ben abertos.
Para mais información escribe a fotoeducagaliza@gmail.com
Comentários
Enviar um comentário