Feira de Proxectos Feministas do IV Encontro Feministas Autónomas, Vigo, 2016

Este sábado 20 de Febreiro estiven co Ffotoeduca no IV Encontro de Feministas Autónomas "Contra as violências machistas, iniciativas feministas", compartindo con outros 20 proxectos espazo, sinerxias, ilusión e moita, moita creatividade, feminismo e bon facer.
Xurdiron moitas ideas de proxectos futuros e sobretodo déronme moitas e moi boas suxestións para continuar con este proxecto no que levo xa un tempo. É fundamental que nos coñezamos e creemos redes para poder construir outros xeitos de facer e sentirnos acompañadas e apoiadas nos nosos proxectos vitais, laborais ou persoais.
Unha grande experiencia que me levará a organizar obradoiros de Ffotoeduca en diversas localidades da Galiza e Portugal durante este ano. Fica atenta a próximas datas perto da túa localidade. A partir de Abril comeza Ffotoeduca viaxeira. :)




Comentários

Mensagens populares