Ffotoeduca volve en Novembro!!

Preparándonos para o outono, Ffotoeduca ten xa organizados tres obradoiros  na zona sul do noso cantiño do noroeste peninsular. Ourense, Vigo e o Porto serán as localidades coas que iniciaremos a viaxe cara a fotoeducación feminista.


Este curso básico ten unha duración de 6 horas nas que aprenderemos a ler e escrever con imaxes, faremos unha visual sobre as mulleres detrás das cámaras e diante delas e sobre todo pasaremos un bon rato reflectindo e compartindo ideas sobre nós como mulleres no espazo e tempo en que nos encontramos.

O programa do curso así como o formulario de inscripción estarán disponibeis a partir de setembro. De momento reserva estas datas no teu calendario.

Para calquera consulta ou para organizar un obradoiro de Ffotoeduca no teu pobo, vila ou cidade podes contactarme en fotoeducagaliza@gmail.com


Comentários

Mensagens populares