Curso de Inclusión Social e Participación para a Transformación
Ffotoeduca Galiza participará no curso de Inclusión social e participación para a transformación "Da Cabeza aos Pés" que terá lugar os días 30 de setembro e 1, 7 e 8 de outubro no salón de actos da residencia universitaria Jesú Bal y Gay, en Lugo.
Este curso busca aproximar a cidadanía ao fenómeno da exclusión social entendida en clave estrutural, é dicir, pasar do particular ao político, do inevitable ao cuestionamento.
Achegarémonos a diferentes ámbitos de exclusión social, enlazando o marco teórico-reflexivo que sitúa o noso ollar, con realidades concretas do contexto próximo, así como con experiencias transformadoras impulsadas dende o tecido social solidario.
Ffotoeduca participará no Módulo V, o Sábado 1 de outubro "Isto nos conpete! Voluntariado e participación social na promoción de sociedades e contextos inclusivos"
As 16:00 na Mesa de Experiencias xunto con Voluntariado Aliad, A Desalambrar e Conas Ceives, e ás 17:00 co obradoiro "O que pode facer unha muller cunha cámara?"Faremos traballo desde o individual ao grupal aprendendo a ollar ás imaxes, interpretar o seu significado e usalas como documentos visuais onde desenvolver a nosas proprias memorias e creacións. Veremos os principios básicos de como utilizar unha cámara co fin de prover ás participantes dunha ferramenta de auto-representación e construcción de historias propias. Faremos unha pequena viaxe pola relación das mulleres coas cámaras tanto detrás delas como diante delas. O obxectivo principal é pasalo ben e sair con ideas a desenvolver nas nosas prácticas diarias. O obradoiro terá unha perspectiva transversal onde se abordarán factores de orixe, etnia, clase social, identidade sexual, etc que nos afectan.
Comezando con forza o ano escolar. :)
Para ver todo o programa é facer a túa inscripción : http://ongaliad.wixsite.com/curso

Comentários
Enviar um comentário