Obradoiros Outono/Inverno 2016 "O que pode facer unha muller cunha cámara?"
Benvidas ao curso 2016/2017!!
Estades convidadas a participar na primeira proposta para este ano, unha serie de obradoiros que percorreran diferentes lugares da Galiza, Portugal e parte do estranxeiro.
A primeira parada será en Ourense o domingo 6 de novembro de 11h a 14h no Centro Social "A Galleira" (Praza San Cosme), seguida de Vigo o sábado 12 de novembro de 11h a 14h no Patio de Guixar e o Porto o sábado 19 de novembro de 15h a 18h na Confraria Vermelha.
"O que pode facer unha muller cunha cámara?" é o curso básico de Ffotoeduca no que nos introduciremos na apaixonante "leitura" de imaxes, nos recoñeceremos nas mulleres doutros tempos, descubriremos algunha desas mulleres pioneiras da fotografía e daremos os nosos primeiros pasos na "escrita" de narrativas visuais.
Este novo formato de 3 horas prentende facer mais asequíbel en termos de tempo e prezo, só 20€ materiais incluídos, e a mais mulleres coas que compartirmos aprendizaxe. Este é o curso básico requerido para futuras formacións de Ffotoeduca, que están a ser preparadas para un futuro próximo, como por exemplo o Ffotocreativa Lab, unha proposta de encontros regulares onde traballamos por volta do retrato, o espazo e a memoria.
Se queres subirte a esta nave da fotografía e cultura visual desde o feminismo, inscríbete xá a través deste formulario indicando o lugar, Ourense, Vigo ou Porto https://goo.gl/forms/
Un saúdo forte e feminista a todas.
Por favor, divulguen!!!
Comentários
Enviar um comentário