Ffotocreativa Lab, Vigo 2017
Comezamos o ano con unha boa nova. Teremos Ffotocreativa Lab en Vigo por primeira vez.
Grazas ao espazo O Patio de Guixar no barrio de Teis e ás aventureiras mulleres que fixeron posibel o obradoiro básico de Ffotoeduca o pasado mes de Novembro, podemos agora dar mais un pasiño e convocar a todas as que gostedes a participar nesta nova aventura.
O Ffotocreativa Lab é un espazo de experimentación e creación a través da fotografía onde aprenderemos ferramentas para expresar as nosas "decesidades" (desexos e necesidades) e realidades cotidianas facendo unha viaxe de coñecemento e recoñecemento do noso corpo, mente e corazón.
En cinco sesións de 3 horas cada unha percorreremos as diferentes partes dun proceso creativo onde ás veces navegaremos soas e outras veces con compañeiras próximas e lonxanas.
Teremos como é habitual unha parte de reflexión, unha de teoría e outra de práctica experimental, que nen sempre irán por esa orde, e mesmo poden ser misturadas á nosa vontade.
Os requerimentos principais para participar? Ter vontade de pasar un bó rato e utilizar imaxes, e si, identificarte como muller pois traballaremos tomando como base as experiencias de vida de nosoutras construídas como mulleres.
É moi recomendabel asistir ás 5 sesións, pois son deseñadas para darlle xeito ao voso proceso creativo, mas sendo conscientes das nosas vidas flutuantes se non podes vir a algunha delas, non te preocupes, procuraremos unha maneira de utilizar iso tamén como aprendizaxe.
Datas do Ffotocrativa Lab Vigo 2017
Para reservar o teu lugar, por favor enche este formulario. A pesar de que nos reuniremos fisicamente en Febreiro, o curso comeza unhas semanas antes no espazo virtual.
Agradécese divulgación desta proposta entre os teus contactos e xente que pensas pode estar interesada.
https://goo.gl/forms/vlTKppokIToyb4Zu1
Vémonos!
Para mais información podes escribirme a fotoeducagaliza@yahoo.com

- Luns 13 de Febreiro - Pre-sesión virtual.
- 25 de Febreiro - 1ª sesión
- 25 de Marzo - 2ª sesión
- 29 de Abril - 3ª sesión
- 27 de Maio - 4ª sesión
- 24 de Xuño - 5ª sesión
Para reservar o teu lugar, por favor enche este formulario. A pesar de que nos reuniremos fisicamente en Febreiro, o curso comeza unhas semanas antes no espazo virtual.
Agradécese divulgación desta proposta entre os teus contactos e xente que pensas pode estar interesada.
https://goo.gl/forms/vlTKppokIToyb4Zu1
Vémonos!
Para mais información podes escribirme a fotoeducagaliza@yahoo.com
Comentários
Enviar um comentário