1º Ffotoeduca Formación. Compostela Maio 2018
Despois de dez anos construíndo xunto con todas as persoas que participaron nos obradoiros de Ffotoeduca "Que pode facer unha muller cunha cámara? agora chega o momento de formar a outras ffotoeducadoras para espallar esta metodoloxía de educación emancipatoria.
Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estexan interesadas en ampliar a súa caixa de ferramentas educativas ou simplemente precisen recursos para facilitar o traballo grupal.
A fotoeducación é unha ferramenta que permite crear espazos de diálogo, exploración de temáticas diversas e expresión creativa desde o pensamento crítico e a curiosidade.
A través da fotografía como documento e representación artística introducímonos na cultura visual que nos axuda a comunicarnos mais efectivamente, tanto a "ler ", a interpretar as mensaxes trasnferidas polas imaxes como a "escreber" utilizando unha cámara ou fotografías.
O enfoque é feminista polo que se recomenda unha mínima sensibilidade e interés por este tema. Os recursos e materiais utilizados son elaborados a partir desta perspectiva, o que o fai esta formación especial e singular.
Datas: Sábados 5, 12, 19 e 26 de maio.
Horario: 10:30 a 14.
Lugar: Libraría Lila Lilith (Rúa Travesa, 7, Compostela). O día 5, faremos paseo polas rúas de Compostela.
Custo: 80€ curso completo. 25€ sesións individuais.
Inscripcións: antes do sábado 28 de Abril. Formulario: https://goo.gl/forms/
Sesión 1 : Ler imaxes - Contexto e a Imaxe-documento. Sábado 5 de Maio
Paseo fotográfico pola cidade de Compostela a través das imaxes. Que nos din as imaxes das mulleres e dos espazos doutros tempos sobre nós e o noso contexto?
*No caso de chover moito mudaremos esta sesión para un dos outros sábado pola tarde ou para o sábado 2 de Xuño, á mellor conveniencia das participantes.
Sesión 2 : Escribir imaxes - A cámara e a fotografía. Sábado 12 de Maio
Que é a fotografía? Que é unha cámara? Mulleres e fotografía. Como utilizamos a técnica e teoría para convertirnos en fotoeducadoras?
Seisón 3 : O proceso de aprendizaxe. Sábado 19 de Maio
Deseño e construcción de procesos de aprendizaxes adaptados á necesidades do grupo. Estructura dun ffotoeduca. O proceso creativo.
Sesión 4 : Proxectos prácticas. Sábado 26 de Maio
Ideación, elaboración e presentación de propostas ffotoeducativas para ser aplicadas polas participantes nos seus contextos de traballo formal ou informal.
Comentários
Enviar um comentário