Obradoiro de Fotografía Social: Dereito a Saúde, Xénero e Interculturalidade




DETALLES DA ACTIVIDADE

A Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela acollerá, nos próximos días 26 de abril e 3 de maio, un obradoiro sobre Fotografía Social. A actividade abordará o dereito á saúde, a equidade de xénero e a interculturalidade utilizando a fotografía como ferramenta de transformación social. Para iso, divídese en dúas sesións:
– Sesión 1: o día 26 de abril en horario de 16:30 a 19:30h, dedicada a ler imaxes, inclúe a reflexión sobre a saúde desde o enfoque de xénero e a interculturalidade, así como aspectos técnicos de Fotoxornalismo que poremos en práctica a través dos teléfonos móviles.
– Sesión 2: o día 3 de maio de 16:30 a 19:00h, orientada a contar realidades a través da fotografía, na que compartiremos as fotografías realizadas e as súas historias a fin de crear conxuntamente unha exposición fotográfica (introducción ao contexto, pé de foto, libro-dossier) que será publicada e exposta en diversos espazos, como resultado dunha aprendizaxe e servizo á comunidade.
Nestes obradoiros, dinamizados por Ffotoeduca Galiza e Farmamundi, diríxense á comunidade universitaria da Universidade de Santiago de Compostela, especialmente alumnado e profesorado de diferentes disciplinas académicas das ramas sociail e sanitaria. Teñen un carácter práctico desde o comezo, coa utilización dos propios teléfonos móviles e gratuito. 
Máis información: Farmamundi

Comentários

Mensagens populares