1º CURSO FORMACIÓN FFOTOEDUCA - NOVAS DATAS!!



Por fin novas datas. Reserva o teu lugar!

Despois de dez anos construíndo xunto con todas as persoas que participaron nos obradoiros de Ffotoeduca "Que pode facer unha muller cunha cámara? agora chega o momento de formar a outras ffotoeducadoras para espallar esta metodoloxía de educación emancipatoria.

Este curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estexan interesadas en ampliar a súa caixa de ferramentas educativas ou simplemente precisen recursos para facilitar o traballo grupal.

A fotoeducación é unha ferramenta que permite crear espazos de diálogo, exploración de temáticas diversas e expresión creativa desde o pensamento crítico e a curiosidade.

A través da fotografía como documento e representación artística introducímonos na cultura visual que nos axuda a comunicarnos mais efectivamente, tanto a "ler ", a interpretar as mensaxes trasnferidas polas imaxes como a "escreber" utilizando unha cámara ou fotografías.

O enfoque é feminista polo que se recomenda unha mínima sensibilidade e interés por este tema. Os recursos e materiais utilizados son elaborados a partir desta perspectiva, o que o fai esta formación especial e singular.

O curso consta de 4 sesións de 4 horas que se completarán con prácticas e asesoramento online entre sesións.

Datas: Sábados e Domingo 6, 7, 13 e 14 de Outubro.
Horario: 10:00 a 14:00
Lugar: Libraría Lila Lilith (Rúa Travesa, 7, Compostela).
Custo: 80€ curso completo ou 25€ por sesión independente. (Recoméndase facer o curso completo).
Inscripcións: antes do 26 de Setembro. Formulario: https://goo.gl/forms/PzOnw9Vre0kRHvrE2

Sesión 1 : Ler imaxes - Contexto e a Imaxe-documento. Sábado 6 de Outubro
Paseo fotográfico pola cidade de Compostela a través das imaxes. Que nos din as imaxes das mulleres e dos espazos doutros tempos sobre nós e o noso contexto?
*No caso de chover moito mudaremos esta sesión para outro día á mellor conveniencia das participantes.

Sesión 2 : Escribir imaxes - A cámara e a fotografía. Domingo 7 de Outubro
Que é a fotografía? Que é unha cámara? Mulleres e fotografía. Como utilizamos a técnica e teoría para convertirnos en fotoeducadoras?

Seisón 3 : O proceso de aprendizaxe. Sábado 13 de Outubro
Deseño e construcción de procesos de aprendizaxes adaptados á necesidades do grupo. Estructura dun ffotoeduca. O proceso creativo.

Sesión 4 : Proxectos prácticas. Domingo 14 de Outubro
Ideación, elaboración e presentación de propostas ffotoeducativas para ser aplicadas polas participantes nos seus contextos de traballo formal ou informal.

Vemonos ;)

Comentários

Mensagens populares