"Mocidade, fotografía e cabalos" en Triones o Sábado 25 de Xaneiro




Despois da fermosa experiencia que tivemos en Decembro coa primeira xornada de convivencia fotográfica "Mulleres, fotografía e cabalos" arrancamos o 2014 cunha nova experienca na que a mocidade terá un espazo principal, ainda que son benvidas persoas de todas as edades.
Nesta xornada aprenderemos os conceitos básicos de fotografía, coñeceremos o proxecto de equinoterapia e integración social de Triones, e nos achegaremos visual e fisicamente aos catro protagonistas equinos deste proxecto: Curro, Rubio, Lurón e Gypsy.


Non é necesaria unha cámara especial para este obradoiro. Simplemente trae a que utilices habitualmente sea esta compacta ou a cámara do teu mobil.
A comida será compartida polo que podes traer algo para ti e/ou compartir co resto das participantes.
O obradoiro comeza ás 11:30 e remata ás 18:00 e o custe é de 15€ dos que o 50% irá para a Asociación Triones.
Para mais información e inscripción contacta a Ffotoeduca Galiza fotoeducagaliza@gmail.com / 678 381 459
Esperámoste!


Comentários

Mensagens populares