II Congreso de Museos, Xénero, Arte e Migracións de Lugo


Nos días 6, 7 e 8 de Marzo Ffotoeduca tivo o pracer de asistir ao II Congreso de Museos, Xénero, Arte e Migración organizado pola Rede Museística en Lugo.

Foron tres días intensos coñecendo e compartido perspectivas e procesos con persoas vindas de diferentes partes da península, e onde tiven a oportunidade de mostrar un bocadiño de como  Ffotoeduca tenta contribuir na sociedade e transformación das mulleres a través da fotografía e feminismo.



Mui agradecida a toda a equipa e colaboradoras que fan posibel este congreso, cun traballo árduo e cuidado tentando dar espazo e voz a mulleres migrantes, artistas, académicas, curiosas.. a todas ultrapasando as hierarquias institucionais, nada facil no atual contexto sociopolítico en que vivimos.

Un grande bravo para todas/os e forza para volver no ano que ven.


 Comparto o acto de peche do congreso, coa fascinante Antonina, que nos emocionou a todas e que reflicte mui ben a esencia desta iniciativa.




Información sobre o congreso aqui Congreso Museo, Xénero, Arte e Migración


Comentários

Mensagens populares