Finaliza o Ffotocreativa Lab 2015

Nestes meses estivemos a realizar o Ffotocreativa Lab, 3 sesións onde aprendemos a ler e a escreber imaxes, coñecemos a novas fotógrafas e ás mulleres da nosa historia. Foi unha pequenina viaxe que concluímos coa transferencia das nosas imaxes a soportes mais convencionais como o papel fotográfico, mais tamén a madeira e tecido.
Na avaliación final surdiron moitas ideas para o próximo Ffotocreativa Lab ao que esperamos que todas podades participar.
Moitas grazas pola vosa confianza e por compartir o voso ben facer con Ffotoeduca. Tamén ao Taller de Elaboración Textil que tan xenerosamente nos ofrece o seu fermoso espazo no corazón da Gaiteira.







Comentários

Mensagens populares