Ffotoeduca na Rede de Museos Provinciais de Lugo en Agosto 2015

Este verán Ffotoeduca ten o imenso prazer de colaborar coa Rede Provincial de Museos de Lugo onde se impartirán os obradoiros para crianzas e adolescentes desde 8 anos "Unha viaxe fotográfica no Museo" e "Historias violetas, as mulleres nos museos"




"Unha viaxe fotográfica no Museo"

Aprenderemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un escenario para a nosa imaxinación, un escenario de historia. A través das coleccións fotográficas de cada museo viaxaremos no tempo e crearemos as nosas propias historias. Se pechamos os ollos, que historias se nos ocorren que poderían ter acontecido neste mesmo lugar noutras épocas?
Idades:de 8 anos en adiante
Prazas: 20
 Datas:
7 de agosto de 12 a 14h no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
 14 de agosto de 12 a 14h no Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo
   21 de agosto de 12 a 14h no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos
 28 de agosto de 12 a 14h no Museo Provincial de Lugo

"Historias violetas, as mulleres nos museos"
Exploraremos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado tradicional e historicamente na nosa cultura: no campo, na aristocracia..., que actividades desempeñaban e como vivían en relación aos homes, e entre as diferentes clases sociais. Os museos gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran a vida das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos, aprenderemos cuestionaremos eses roles tradicionais. A través de fotografías, reflexionaremos e compartiremos ideas de como o espazo, obxectos e imaxes do museo nos axudaron a entender e recrear a nosa imaxe.

Idades:de 8 anos en adiante
Prazas:20
Datas:
8 de agosto de 12 a 14h no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
15 de agosto de 12 a 14h no Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo
22 de agosto de 12 a 14h no Museo Pazo de Tor, Monforte de Lemos
29 de agosto de 12 a 14h no Museo Provincial de Lugo


MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ESTAS ACTIVIDADES
Museo Provincial de Lugo
. Tfno..: 982 24 23 00 / 982 24 21 12 /
didactica@museolugo.org
Museo Fortaleza de San Paio de Narla,
Friol . Tfno..: 982 37 51 56 /
sanpaiodenarla@museolugo.org
Museo Provincial do Mar
, San Cibrao, Cervo. Tfno..: 982 59 45 72 /
museodomar@museolugo.org
Museo Pazo de Tor
, Monforte de Lemos. Tfno.: 982 165 534 /
pazodetor@museolugo.org
Xerencia da Rede Museística
: Tfno.: 699 836 883 / xerencia-
redemuseos@deputacionlugo.org

Comentários

Mensagens populares